Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

16:35:48 Luns 13 de maio 2024
Estás en:

Detalle trámite

Canle de Bo Goberno

A FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias) aprobou o 24 de marzo de 2015, por unanimidade de todos os grupos políticos, o novo Código do Bo Goberno Local.

O Código do Bo Goberno Local recolle unha serie de principios e  instrumentos que contribúen a consolidar determinadas pautas de conduta dos representantes locais, para configurar unha ética pública común que evite a mala xestión, desterre posibles actuacións corruptas, e sirva para xeneralizar as boas prácticas de goberno.

A Diputación da Coruña incorpora este código ao seu marco directivo, como referente das súas actuacións políticas e administrativas. No Pleno do 21 de Decembro de 2018 aprobouse a adhesión expresa a esta norma.

A través desta canle, o cidadán pode enviar observacións, suxestións e consultas en relación coa aplicación e adaptación de este Código de Bo Goberno Local.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Instancia Canle de Bo Goberno.

Nome: Canle de Bo Goberno.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.